Inicio
Grupo de investigación BV1
O grupo de investigación Planta, solo e aproveitamento de subproductos é un grupo multidisciplinar composto por unha vintena de profesionais de tres áreas de coñecemento: botánica, edafoloxía e química agrícola, e enxeñaría química. O grupo é de recente creación e fórmase pola unión de tres grupos de investigación previos, con datas de creación entre 1998 e 2006. A maior parte das instalacións do grupo están na Facultade de Ciencias da Universidade do Vigo (no campus de Ourense).
Os seus membros levan máis de vinte anos traballando en diversos aspectos relacionados co sector agrario, cun marcado carácter medioambiental, estudando a evolución e reducción dos contaminantes nos solos e augas, derivados de diferentes actividades productivas; a influencia do cambio climático nos cultivos e na saúde ambiental; así como o aproveitamento de subproductos e residuos forestais e agrícolas, para obter compostos de alto valor engadido.
Actualidade
Un proxecto estatal busca valorizar especies invasoras como materia prima para enerxía e bioprodutos
O desenvolvemento e optimización dun proceso de biorrefinería multiproduto para a valorización integral de materias primas de carácter invasor (como os materiais lignocelulósicos de Acacia … Continuar
Oferta de contrato de investigación no marco do proxecto BIOSOSINV (xuño 2021)
BIOSOSINV: “Cutting-edge strategies for a sustainable biorefinery based on valorization of invasive species” (reference PID2019-110031RB-I00, funded by the Ministry of Science, Innovation and Universities, Spain) … Continuar
Oferta de contrato de investigación no marco do proxecto BIOSOSINV
BIOSOSINV: “Cutting-edge strategies for a sustainable biorefinery based on valorization of invasive species” (reference PID2019-110031RB-I00, funded by the Ministry of Science, Innovation and Universities, Spain). … Continuar
Oferta de contrato de investigación en el marco del proyecto
BIOSOSINV: “Cutting-edge strategies for a sustainable biorefinery based on valorization of invasive species” (reference PID2019-110031RB-I00, funded by the Ministry of Science, Innovation and Universities, Spain). … Continuar
Un proxecto de investigación avaliará a contaminación difusa por cobre e mercurio en solos de Galicia
A contaminación difusa é a que se produce en múltiples lugares á vez, non por unha fonte puntual. En Galicia, e dun xeito máis xenérico … Continuar
Citaca pon en valor o potencial investigador do campus de Ourense no sector agroalimentario
O Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentario do Campus da Auga (Citaca) arrancou este venres no campus de Ourense a súa actividade pública e fíxoo … Continuar
Unha publicación describe os altos niveis de cobre nos solos dos viñedos do noroeste peninsular
As zonas vitivinícolas do noroeste da Península Ibérica caracterízanse pola súa alta pluviosidade e elevada humidade ambiental durante o ciclo da vide, o que levou … Continuar
Unha tese analiza o potencial de 30 variedades de patacas susceptibles de ser introducidas en Galicia
“A pesar da dimensión que ten o cultivo da pataca en Galicia e de ser un alimento básico da poboación galega, o seu estudo chamou … Continuar
Un proxecto estatal analiza o impacto que teñen no solo os antibióticos de uso veterinario
Entre o 30 e o 80% dos antibióticos empregados en gandaría son excretados por ouriños e feces, acumulándose en esterco e xurros que ao ser … Continuar