Os nosos traballos, recoñecidos nos VIII Premios Campus Auga

Os VIII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo recoñecen traballos nos que participamos en ámbitos como a calidade do solo e a sustentabilidade dos sistemas agrícolas.
Na oitava edición dos Premios Campus Auga, varios traballos nos que participa o noso grupo recibiron recoñecementos en diferentes modalidades, desde a investigación sobre a fertilidade do solo ata a divulgación científica.
Na modalidade de traballos de fin de mestrado, foi recoñecido Efecto das cubertas vexetais sobre a fertilidade do solo en viñedos. Ensaios nas DO Rías Baixas e Monterrei, de Roxana Cutillas Barreiro, tutorizado por Paula Pérez Rodríguez e Andrés Rodríguez Seijo.
No ámbito das teses de doutoramento, foi distinguido Presenza, transporte e degradación de antibióticos de uso humano (Ciprofloxacina, Claritromicina e Trimetoprima) en solos agrícolas, de Lucía Rodríguez López, dirixido por Manuel Arias Estévez e Andrés Rodríguez Seijo.
Ademais, na modalidade de divulgación científica, recibiu un recoñecemento Innovación cara a sustentabilidade no viñedo, actividade desenvolvida por Paula Pérez Rodríguez.
Estes recoñecementos están relacionados con varias das nosas liñas de traballo, como o estudo da calidade e a fertilidade dos solos, o comportamento de contaminantes en solos agrícolas e a busca de prácticas máis sustentables nos sistemas de cultivo.
Parabéns a todas as persoas premiadas e aos equipos que fixeron posibles estes traballos.
Máis información: Noticia do DUVI sobre os VIII Premios Campus Auga.
