Agrosus desenvolverá estratexias agroecolóxicas para unha xestión sostible das malas herbas

O proxecto europeo Agrosus, liderado pola Universidade de Vigo, busca desenvolver e implantar estratexias agroecolóxicas para previr e manexar as malas herbas sen recorrer a herbicidas sintéticos.

Pola Universidade de Vigo, os investigadores principais son Adela M. Sánchez, do grupo BEV1 (Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas), e David Fernández Calviño, do grupo BV1 (Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos). Ademais, participa o grupo de Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia.

Cunha duración de catro anos e un financiamento próximo aos cinco millóns de euros, Agrosus traballa no desenvolvemento de alternativas adaptadas a diferentes cultivos e rexións europeas. En Galicia, as estratexias centraranse nos cultivos da vide, o trigo e a pataca.

Ler a noticia completa no DUVI