O Grupo

O grupo de investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) está formado por persoal investigador e técnico da área de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Vigo. Fundado en 1998 e recoñecido como Grupo de Referencia Competitivo desde 2017, desenvolve a súa actividade principalmente no Campus de Ourense.

Cunha traxectoria de máis de vintecinco anos, o grupo centra a súa investigación nas ciencias do solo, a protección ambiental e a valorización de subprodutos, contribuíndo ao desenvolvemento de solucións innovadoras para unha agricultura e unha xestión sostible dos recursos naturais.