A nosa investigación, presente no Congreso do Campus Terra

Os días 21, 22 e 23 de outubro participamos no II Congreso Ibérico de Mocidade Investigadora Campus Terra: Raíces do Coñecemento, celebrado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

O grupo BV1 – Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos estivo representado polos nosos compañeiros Claudia Campillo-Cora, Silvia Romeo-Río, Iria Moreira-Suárez e Cecilia Martínez-Castillo, que levaron ao congreso catro achegas científicas: unha sesión plenaria, unha comunicación oral e dous pósteres.

Sesión plenaria

Soil microorganisms: invisible allies for sustainable agriculture

Autora: Claudia Campillo-Cora.

Claudia impartiu esta sesión, centrada no papel dos microorganismos do solo como aliados para avanzar cara a sistemas agrícolas máis sostibles.

Comunicación oral

Temporal dynamics of vineyard soil bacterial and fungal microbiomes under different management strategies

Autores: Silvia Romeo-Río, Paula Pérez-Rodríguez, Antía Gómez-Armesto e Claudia Campillo-Cora.
Presentación: Silvia Romeo-Río.

A comunicación abordou a evolución temporal das comunidades bacterianas e fúnxicas dos solos de viñedo baixo diferentes estratexias de manexo.

Presentación de pósteres

Effect of nanofertilisation on Lactuca sativa L. development and soil microbial properties

Autores: Iria Moreira-Suárez, Cecilia Martínez-Castillo, Claudia Campillo-Cora e Daniel Arenas-Lago.
Presentación: Iria Moreira-Suárez.

A investigación centrouse nos efectos da nanofertilización sobre o desenvolvemento da leituga e as propiedades microbiolóxicas do solo.

Field assessment of NPK-based nanoagrochemicals: effects on wheat grain yield and quality

Autores: Cecilia Martínez-Castillo, Iria Moreira-Suárez, Paula Pérez-Rodríguez e Daniel Arenas-Lago.
Presentación: Cecilia Martínez-Castillo.

Neste caso, avaliáronse os efectos de nanoagroquímicos baseados en NPK sobre o rendemento e a calidade do gran de trigo en condicións de campo.

A participación neste encontro permitiunos dar a coñecer distintas liñas de investigación do grupo, desde o estudo das comunidades microbianas do solo ata a avaliación de novas estratexias de fertilización, e coñecer tamén os avances doutros equipos de investigación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *