Investigadoras do BV1 abordan a presenza de antibióticos no medio ambiente nunha xornada de concienciación


As investigadoras posdoutorais Vanesa Santás e Claudia Campillo Cora, vinculadas ao grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) da Universidade de Vigo, participarán na VIII Xornada de concienciación sobre o uso dos antibióticos, que se celebrará na Facultade de Ciencias do campus de Ourense.
A súa intervención centrarase na problemática da presenza de antibióticos no medio ambiente e nas implicacións que esta ten desde a perspectiva da saúde ambiental.
A xornada, organizada pola Área de Microbioloxía e o grupo de innovación docente Mundo Microbio, forma parte das actividades da Semana Mundial de Concienciación sobre a Resistencia aos Antimicrobianos.
A iniciativa complétase cunha exposición divulgativa sobre as bacterias multirresistentes, aberta á comunidade universitaria e á cidadanía.
